Skip to content

KBibTeX

Categories:   Educación | Ofimática
Xanela principal de KBibTeX

KBibTeX é unha aplicación de xestión de referencias que pode usar para recoller bibliografías de TeX/LaTeX e exportalas en diversos formatos.

KBibTeX pode facer o seguinte:

  • Obteña unha vista previa de entradas bibliográficas en varios formatos: fonte (BibTeX ou RIS), Wikipedia, estándar (XML/XSLT), elegante (XML/XSLT), e só resumo (XML/XSLT). Se ten «bibtex2html» instalado, disporá de estilos de vista previa adicionais.
  • Importe datos in varios formatos de ficheiro bibliográficos como BibTeX, RIS e ISI (require «bibutils») e exporte os datos a PDF (require «pdflatex»), PostScript (require «latex»), RTF (require «latex2rtf»), e HTML.
  • Busque os datos das entradas bibliográficas en base de datos en Internet (como Google Scholar, ACM, IEEE, arXiv, etc.).
  • Obteña unha vista previa de recursos locais ou en Internet, como ficheiros PDF, que estean ligados desde a entrada de BibTeX.
  • Atope e fusione entradas duplicadas da bibliografía.
  • Integre as súas bibliografías con editores de LaTeX como Kile e LyX.
  • Importe a súa biblioteca de Zotero.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.

Releases RSS

0.9.2 2020-04-26
0.9.1 2019-11-17
0.9 2019-06-05
0.8.2 2019-01-04
0.8.1 2018-06-22
0.7 2017-12-04
0.6.2 2017-06-17